top of page

MADRID CULTURAL

Segundo día, xornada do venres 5 de abril, un día completo para coñecer o centro de Madrid coa nosa guía Beatriz. Fantásticas explicacións e un recorrido panorámico por toda a cidade, primeiro no autobús e logo a pé. 

Despois de coñecer os monumentos máis emblemáticos visitamos o Palacio Real, as explicacións durante toda a visita realizadas polo guía proporcionaron unha visión amplia da historia das diferentes estancias do Palacio. 

 

Pola tarde acercámonos ás diferentes exposicións do Museo Reina Sofía, entre os artístas destacamos as obras de Miró, Dalí e Picasso. Entre elas destacar a grandeza do Guernica. 

bottom of page