top of page

MUSEOS, FÚTBOL E OUTRAS AVENTURAS ...

Segundo día, xornada de luns 24 en Madrid. Pola mañán lenta entrada en Madrid (dúas horas en chegar ao centro) para realizar un tour polo Santiago Bernabeu tomando noción da máquina de facer negocio que é o Real Madrid, con miles de visitantes por día que gardan longas colas para visitar este estadio cun prezo de adultos... de 22 euros por barba! Tour emocionante para todos (bueno, para uns máis que para outros), pero MOI RECOMENDABLE, gustes ou non do fútbol. Pola tarde visita ao Museo de Cera, con algún guiño de atracións e oportunidade para o humor e para fotografiarse con réplicas de personaxes famosos. A tarde despedíunos con pequena tormenta cando xa estabamos de volta no autobús.

bottom of page