top of page

MADRID TURÍSTICO, MONUMENTOS E SORPRESAS ...

Martes 25, terceiro día de excursión en Madrid. Almorzo as 8,30 e, de novo, retencións para chegar ao centro. Hoxe quenda para o Madrid monumental. Pola mañán visita acompañada de guía polos lugares máis emblemáticos do centro: porta de Alcalá, Praza Maior, Porta do Sol... Ao mediodía xantar nun dos locais de moda, o Hard Rock Madrid, tempo para mercar agasallos (momento no que un grupo se atopou con Chenoa nunha tenda de moda “chic” e se fotogarfiou con ela), e, pola tarde, visita ao Pazo Real, iso si, un tanto frustada porque un erro e un problema de rixidez de protocolo nos impedíu contar coa guía programada (oooohhh!), e tivermos que facer a visita por libre. Regreso ao hotel, hoxe si, xa máis cansos, para cear e cama. Mañán mércores agárdanos actividad física nun parque multiaventura para voltar a liberar adrenalina

bottom of page