top of page

MENUDA FAUNIA!

Toca a fin esta excursión en Madrid. Hoxe xoves, día 27, última xornada con visita e estancia de todo día en FAUNIA MADRID, onde puidemos disfrutar dos animais no seu hábitat, presenciar demostracións de leóns mariños e aves rapaces, e vivir a recreación sensorial de diversos ecosistemas, en especial o da selva amazónica o e dos circulos polares, que foron os que máis nos cautivaron. Regreso ao hotel as 19 horas e tempo libre para coñecer Ciempozuelos, a localidade onde estivemos hospedados, compartindo establecemento con grupos de italianos, andaluces, extremeños... e incluso con chinos!!. 

Mañán venres, almorzo e regreso prevendo parada en Tordesillas para coñecer a Casa do Tratado.

Un viaxe e unha convivencia fantástica entre todos que van facer deste momento algo inesquecible para sempre. Gracias a tod@s os que o fixeron posible, tanto no colexio como desde a ANPA.

bottom of page